Sitios de interese

luns, 19 de decembro de 2016

Un video moi interesante sobre Aprendizaxe Colaborativa

Nesta entrada pásovos unha ligazón para ver un vídeo sobre a APRENDIZAXE COLABORATIVA onde o traballo en grupo xurde como ferramenta de aprendizaxe e de asimilación de coñecementos:

 Vídeo sobre Aprendizaxe Colaborativa

A escola é considerada tradicionalmente como un lugar onde os alumnos acoden para "recibir" coñecementos, tendo as cuestións alí tratadas un pronunciado rumbo individual. Un dos principais problemas educativos estriba en que, sendo como é a educación un fenómeno esencialmente social, é abordada como un fenómeno individual. Unha alternativa a esta incongruencia educativa á que se está acudindo con frecuencia nos últimos anos, é o traballo en grupo e en particular a aprendizaxe en grupo cooperativo. A aprendizaxe cooperativa é unha técnica psicosocial de aprendizaxe que está baseado na enorme importancia que en calquera ámbito educativo ten a interacción social

Ningún comentario:

Publicar un comentario