Sitios de interese

mércores, 18 de xaneiro de 2017

Educar non é falar, é xerar hábitos

Javier Urra estará esta tarde (20.00 horas) na sede de Afundación en Ourense para ofrecer unha conferencia que titula «A educación, a mellor das vacinas». Urra, psicólogo forense da Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza -actualmente en excedencia-, é presidente da Asociación Iberoamericana de Psicoloxía Xurídica, terapeuta, director clínico do programa Recorra Ginso e docente. Tamén escribiu varios libros sobre as problemáticas da infancia e a mocidade actual e os retos que supoñen para proxenitores e titores.

Javier Urra é psicólogo Forense da Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e Xulgados de Menores de Madrid (en excedencia voluntaria). Dr. en Psicología coa especialidade de Clínica. Pedagogo, Terapeuta. Psicólogo especialista en Psicoterapia (acreditado pola Federación Europea de Asociacións de Psicólogos, E.F.P.A.)

Ligazón para ler mais:

Ningún comentario:

Publicar un comentario