Os que ensinamos e traballamos sobre márketing na aula non nos cansamos de oír falar acerca da importancia dos contidos no mundo dixital (iso que os expertos chaman content márketing), apostando por imaxes, gifs, vídeos curtos aos que o consumidor ou cliente potencial din gústalle dedicar tan só uns segundos do seu tempo.
Se queremos educar en algo máis alá do inmediato, distinto ao consumo fácil, non debésemos limitarnos a facer o xogo aos estrategos do márketing. Desde a escola podemos -e debemos- traballar máis outras formas de comunicación máis reflexivas xa sexa a través de medios dixitais ou analóxicos.
Ligazón para seguir lendo:
A importancia da reflexión...
ResponderEliminar